HomeCulturaNovembro teatral en Sarria

Novembro teatral en Sarria

A Federación Galega de teatro Afeccionado, despois de conseguir o Premio da Cultura Galega 2021 en artes escénicas, trae a Sarria, a través de Rebuldeira Teatro, o “Circuíto Galego de Teatro Amador 2021”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trátase dun circuíto que promove FEGATEA (Federación Galega de teatro Afeccionado) que consiste nunha programación de catro funcións teatrais por sedes repartidas por toda Galicia, onde os grupos actuarán fóra do seu círculo xeográfico. Desta forma o circuíto promove a mobilidade xeográfica dos grupos de teatro.

A Federación Galega de teatro Afeccionado (FEGATEA) acadou o ‘Premio da Cultura Galega 2021 en artes escénicas’

No caso de Sarria, será durante todo o mes de novembro con funcións de balde ata completar aforo, programadas para as 19:30 h. e aptas para todos os públicos. Estas son as datas e as obras que se poden ver na Casa da Cultura de Sarria:

-Sábado 6 de novembro: “Xacovedra”, da Compañía Andaraina Teatro.

-Sábado 13 de novembro: “Rutinas”, a cargo de Max Teatro.

-Domingo 14 de novembro: “Nadal na casa dos Lamelo casa”, de Achado Teatro.

-Sábado 20 de novembro: “Casting”, da Compañía Hipócrita Teatro.

Dende o Concello de Sarria agradecen a Rebuldeira Teatro “o moito e bo que se fai en teatro en galego, más se cabe nos tempos que corren”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...