HomeCulturaCita coa poesía en Quiroga

Cita coa poesía en Quiroga

Este sábado 1 de setembro ten lugar o XX Encontro de Poetas no Val de Quiroga na Casa da Cultura desta localidade.

Publicado o

- Advertisement -

No certame deste ano coinciden 31 poetas de Galicia e de Castela e León, comunidade veciña que sempre aporta importante participación ao evento. Sen ir máis lonxe, o condutor do acto será Emilio Vega, poeta berciano, e o pregoeiro Manuel Blanco Pacios, coñecido escritor de Ponferrada e gañador do premio nacional “Círculo Rojo” á mellor novela histórica no ano 2017.

O evento, organizado polo concello de Quiroga, será no Salón de Actos Ánxel Fole da Casa da Cultura de Quiroga ás 19:30 h. e busca poñer en valor e fomentar o interese pola lírica como xénero literario. Participan poetas e poetisas con experiencia e obra publicada pero tamén afeccionadas/os con inquietude pola poesía que buscan expresarse e coñecer a outros autores. Poden asistir de público todos aqueles que estean interesados e non se cobra entrada para acceder ao mesmo.

O recital poético, no que todos os inscritos terán a oportunidade de recitar algunha das súas obras, terá acompañamento musical a cargo do cantautor Javier Rodríguez Sotuela e o dúo monfortino Yoton, con Yoan Grudikov ao violín e Antoeneta Grudeva ao piano.

Ao final do acto, todos os participantes recibirán un diploma e unha medalla de recordo e serán obsequiados cunha cea nun establecemento da localidade.

Dende hai anos, o monfortino Germán López Quiroga é un dos colaboradores que se encarga, xunto con Emilio Vega, da programación do encontro poético.

ÚLTIMAS

Este 16 de maio comeza o “Descubrir Quiroga” percorrendo o Camiño de Inverno

Este xoves o concello de Quiroga presentaba o programa que comeza xa coa súa...

En marcha as obras da estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...