HomeCultura"El último que apague la luz" represéntase o día 5 en Quiroga

“El último que apague la luz” represéntase o día 5 en Quiroga

O vindeiro 5 de decembro chega a Quiroga a obra cómica 'El último que apague la luz', interpretada por Emma Ozores e Rubén Torres e escrita por Antonio Ozores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta comedia, dirixida a todos os públicos, é, por encima de todo, unha crítica a moitos fenómenos sociais, onde o espectador se sentirá reflectido en diversas situacións e momentos. Na  obra móstrase o papel dos celos na parella, ou como ser encantador en exceso pode rematar en divorcio. Tamén amosa como actúan uns pais con seu primeiro fillo na casa. Non faltarán consellos para vencer a monotonía na parella, e unha mostra de como as mulleres e os homes finxen ser o que en realidade no son para namorar aos que desexan.

Os protagonistas, tanto Emma Ozores como Rubén Torres, son máis que coñecidos non só no teatro, se non polas súas numerosas aparicións en series televisivas. El último que apague la luz, premio nacional 2010 á mellor comedia e premio á mellor comedia no festival internacional de Edimburgo, estreouse en Barcelona no teatro Apolo, onde estivo oito meses en cartel; en Madrid estivo once meses en cartel no Novo teatro Alcalá, chegando a permanecer en carteleira máis de cinco anos.

A obra poderá verse no Auditorio Municipal de Quiroga, a partir das 18:00 horas. Ata o 3 de decembro as entradas están á venda na Casa da Cultura de Quiroga, a un prezo de 14 euros, e a 16 euros en taquilla o mesmo día da función ata unha hora antes.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...