HomeCulturaO día 18 "Petiscos de Nadal" en Taboada con concerto de Airiños...

O día 18 “Petiscos de Nadal” en Taboada con concerto de Airiños da Freba

Airiños da Freba actuará o sábado no mercado “Petiscos de Nadal”, organizado pola asociación de comerciantes de Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo organiza un concerto de Airiños da Freba na Praza de Riazón, de Taboada, o vindeiro sábado, 18 de decembro. A actuación coincidirá coa primeira edición do mercado “Petiscos de Nadal”, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada.

O mercado, que nace coa vontade consolidarse como unha cita de referencia para a promoción e venda dos produtos artesáns da Ribeira Sacra inauguraráse ás 12.00 horas. Contará coa participación de firmas artesás e agroalimentarias da comarca e cun programa de actividades lúdicas e culturais para animar a asistencia como catas, demostracións de artesanía e obradoiros infantís.

A banda Airiños da Freba, un sexteto que mestura a gaita con outros instrumentos de vento actualizando os repertorios das orquestras que amenizaban as festas populares, actuarán as 18.30 horas, contribuíndo á dinamización da iniciativa do tecido empresarial taboadense.

ÚLTIMAS

A asociación Prodeme representará ao Río Breogán na ‘Copa Campeones’ da Fundación ACB

A Asociación PRODEME de Monforte de Lemos dará un novo paso na súa traxectoria...

Adxudícase por 400€ mensuais o servizo de cafetería do complexo deportivo da Pinguela

Previsiblemente a cafetería abrirá entre finais deste mes e principios de novembro, unha vez...

Unha excelente valoración da Xunta permítelle ao CCU de Monforte aumentar en 6.500 € unha subvención

A directiva prorrogada do CCU de Monforte vén de amosar a súa gran satisfacción...