HomeCulturaUnha exposición en Sarria para promover a cultura local

Unha exposición en Sarria para promover a cultura local

A antiga Prisión Comarcal de Sarria acolle a IX Edición de Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria no Camiño. A exposición que o ano pasado recibiu 10.000 visitas pódese ver do 8 de setembro e o 13 de outubro.

Publicado o

- Advertisement -

A mostra está composta por máis de 300 obras de 70 artistas da zona. Compoñen a exposición maquetas dos monumentos do municipio sarriano, cadros, pezas de madeira, ferro e tela, entre outros obxectos. A motra pódese ver todos os días en horario de 18.00 a 20.30, con entrada libre e de balde. O horario está pensado para que os peregrinos que pola tarde están en destino poidan coñecer outros recursos do municipio e doutros territorios polos que pasan.

A exposición está organizada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria coa colaboración de Palilleiras de Sarria, Sarricanta, Crearte e da Deputación Provincial. Desde o organismo provincial aseguran que a exposición ten por obxecto por en valor os recursos turísticos da provincia para xerar riqueza ao abeiro do Plan Estratéxico de Turismo.

 Colaboración con outras asociacións do Camiño

Co obxectivo de establecer sinerxias entre os pobos e reforzar os vínculos culturais, a mostra conta con aportacións de fóra de Galicia: a Asociación Amigos do Camiño de Uclés, de Madrid, a Asociación Amigos do Camiño de Santiago de Ávila e unha vez máis, desde que colaboraran no 2016, coa Asociación Camiño Shikoku Henro de Xapón. Así, na exposición hai un espazo destinado ás obras aportadas polos membros das distintas asociacións coas que o colectivo sarriano confraterniza, como fotografías de templos, maquetas, pezas artesanais de sinalización do Camiño con material reciclado ou tallas de madeira.

A asociación de Amigos do Camiño de Uclés, de Madrid ten como principal obxectivo a creación, promoción e mantemento daruta de peregrinación doCamiño de Uclés, enfocada cara o Mosteiro de Uclés, que foi sede da Orde de Santiago, polo que, dentro da súa actividade de promoción, reproduce as tradicións, formas e estilos das peregrinacións xacobeas.

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Ávila, foi fundada en 2005, coa idea de contribuír á conservación, protección e promoción do medio ambiente e patrimonio histórico-cultural do Camiño de Santiago.

Finalmente,  o Shikoku Henro é un camiño de peregrinación que percorre 88 templos budistas ao redor da illa de Shikoku, a máis pequena do arquipélago de Xapón. Esta ruta de 1.200 quilómetros atrae cada ano a miles de peregrinos de todo o mundo, polo que é coñecida como un Camiño de Santiago ao xaponés. A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria asinou un convenio de colaboración coa Asociación Camino Shikoku Henro polo que se acollerá durante os 10 próximos anos a universitarios-peregrinos de Xapón que farán o camiño a Santiago desde Sarria.

ÚLTIMAS

150 participantes na 2ª proba do Campionato Galego de Voleibol Benxamín e Prebenxamín que se celebra este 15 de marzo no Pavillón da Pinguela

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, acompañada polo Director Deportivo da Federación Galega de...

‘As Alumnas’, obra de teatro para conmemorar o 8M en Monforte

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, e enmarcada na programación...

‘O Circo de Pinocho’ chega a Monforte

Monforte de Lemos acollerá esta fin de semana un espectáculo familiar que contará a...

A Real Sociedade Española de Historia Natural visita o Xeoparque Montañas do Courel do 14 ao 16 de marzo

Entre os días 14 e 16 de marzo de 2025, unha representación da Real...