HomeCulturaUn concerto de Uxía e Sergio Tannus pecha a conmemoración do centenario...

Un concerto de Uxía e Sergio Tannus pecha a conmemoración do centenario da IV Asemblea das Irmandades da Fala en Monforte

A celebración que se desenvolve ao longo deste sábado, 19 de febreiro, está coorganizada polo Consello da Cultura Galega, a Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Vicente Risco.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Monforte acolle este sábado a conmemoración “Cen anos soñando o destino”, para lembrar o centenario da IV Asemblea Nazonalista das Irmandades da Fala, que se celebrou entre o 18 e o 19 de febreiro de 1922 en Monforte.

A xornada inclúe relatorios históricos sobre o movementos das Irmandades, o acontecido na IV Asemblea e a centralidade proletaria do lugar de Lemos na Galiza de comezos de século. Desenvolverase tamén un programa cultural cun obradoiro de creatividade e lectura pública de textos.

O punto e final á xornada farase cun concerto na casa da cultura de Monforte a partir das 10.00 a cargo de Uxía e Sergio Tannus. O concerto finánciao a área de Cultura da Deputación de Lugo que colabora así co Consello da Cultura Galega na organización do acto.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...