HomeCulturaBóveda anima cunha campaña en redes a matricularse no CEIP Rosalía de...

Bóveda anima cunha campaña en redes a matricularse no CEIP Rosalía de Castro

O Concello de Bóveda, a ANPA e o CEIP Rosalía de Castro lanzan unha campaña informativa para animar ás familias a matricularse no centro. O Goberno local colabora coa ANPA e co Colexio difundindo vídeos a través das redes sociais nos que se amosan as instalacións do centro e se enumeran todos os recursos cos que conta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda mantén aberto o prazo de matrícula para todos aqueles pais que desexen elixir o centro para a escolarización dos seus fillos e fillas.

Na campaña informativa, que vén de lanzarse a través das redes sociais do Concello de Bóveda, explícase por que elixir o centro. Entre as razóns, difundidas en pequenas cápsulas de vídeo; amplas instalacións recentemente remodeladas, servizo de transporte escolar, servizo de comedor con cociña propia, horto escolar ou actividades extra escolares.

Os vídeos que se comparten foron feitos coa colaboración do alumnado e dos mestres do centro, que axudan no percorrido polas diferentes instalacións, desde a entrada, pasando polas aulas, o comedor, o patio ou o horto.

Tamén se explica que cada neno ou nena dispón dun ordenador, a existencia de seccións bilingües con auxiliar de conversa nativo, o circuíto de psicomotricidade, a adscrición ao programa EDIXGAL de participación na rede galega de educación dixital, ao plan de mellora de bibliotecas escolares e ao plan de alimentación saudable.

Desde o Concello de Bóveda avanzan tamén a intención de estudar a posta en marcha dun servizo de madrugadores para o que haberá que avaliar a existencia de demanda.

As familias interesadas en obter máis información ou matricularse no CEIP Rosalía de Castro de Bóveda poden chamar ao número 982  870 095 ou escribir a ceip.rosalia.boveda@edu.xunta.gal

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...