InicioCulturaA mostra “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa Rosalía” estará...

A mostra “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa Rosalía” estará en Chantada e Sarria

A Vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, inaugurou a mostra o pasado venres 25 de febreiro. Nela repásase a historia deste museo e lembra o fito que supuxo en pleno franquismo conseguir mercar, restaurar e musealizar esta Casa grazas á colaboración de milleiros de persoas de todo o país e da emigración galega.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto de inauguración, ao que asistiron o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, a delegada de Cultura da Xunta de Galiza en Lugo, María José Gómez, o tenente alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e Antonio Reigosa, representante da AELG, Maite Ferreiro quixo destacar “a importancia de ter conservado o patrimonio material e inmaterial da poeta, unha figura única no eido literario, social, cultural e histórico do noso país.  Ese acto de dignidade en tempos de escuridade e desprezo a nosa cultura permitiu conservar un espazo que se converteu no refuxio do galeguismo, unha loita fundamental sobre a que construímos parte do pensamento crítico e político dos nosos días”.

“Temos en Rosalía unha figura con multitude de aristas, da que aínda hoxe seguimos descubrindo cousas e, por suposto, aprendendo. Foi unha muller transgresora, contestataria, e que se situou sempre do lado dos oprimidos. Rosalía é a nosa memoria, o noso presente e o noso futuro. Por iso, desde as institucións públicas temos o deber de acoller e apoiar todo aquilo supoña un recoñecemento á nosa poeta máis universal”, concluíu.

A MOSTRA

A mostra itinerante, que se pode visitar na Praza de San Marcos ata o vindeiro 17 de marzo e en futuras datas nas vilas de Chantada e Sarria, está comisariada por Pepe Barro, tamén autor da museoloxía da Casa-Museo.

A exposición fai un percorrido pola súa historia desde a apertura ao público o 15 de xullo de 1971, no franquismo, grazas á implicación de vilas, concellos, persoas da emigración, entidades culturais ou mesmo deportivas. Centos de persoas anónimas de Galiza organizaron, a partir da proposta de José Manuel Rey de Viana, para conseguir o obxectivo de mercar e restaurar o inmoble. Ademais, o Patronato Rosalía, creado en 1947, converteuse en baluarte do galeguismo con actos como a Misa de Rosalía en Bonaval, auténticos encontros de afirmación galeguista.

ORGANIZACIÓN DA MOSTRA

A exposición está organizada en seis capítulos diferenciados: A Casa e o tren; Rosalía na casa, que recolle os últimos anos de vida da poeta nesta vivenda; Unha Casa santuario, que analiza as iniciativas que xurdiron para mercar a casa entre 1900 e 1940; A causa da Casa, que afonda na historia da compra do inmoble no 1946 por Xosé Mosquera e Xosé Villar Granjel; O Patronato da Casa e a Casa de Galicia, que se centran nos movementos galeguistas e progresistas e nas aportacións de galegos e galegas de todo o país e da emigración para converter a última residencia de Rosalía de Castro nun símbolo da cultura propia.

OUTRAS ACTIVIDADES PARA REIVINDICAR ROSALÍA

Ademais desta exposición, dentro da programación desenvolvida pola Vicepresidencia da Deputación para reivindicar a obra de Rosalía de Castro, estanse a desenvolver por diferentes localidades lucenses representacións das obras “Libre como os paxaros” de Teatro do Atlántico e “A viaxe de Rosalía” de Larraitz Urruzola e tamén se están a realizar diferentes murais homenaxe a autora en diferentes centros educativos e espazos públicos.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....