HomeCulturaDe Vacas actuará en Taboada dentro do ciclo 'Con voz de muller...

De Vacas actuará en Taboada dentro do ciclo ‘Con voz de muller 8M’

Será este sábado día 5 ás 19:00 h. na Praza Riazón. A actuación forma parte dun ciclo impulsado pola Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actuación, ao igual que outras que teñen lugar estes días —Uxía na Fonsagrada ou Habelas Hainas en Barreiros–  forma parte desta nova iniciativa organizada pola institución provincial. O obxectivo é achegar aos concellos da provincia música en feminino con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo.

A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro García, animou na presentación desta iniciativa a acudir a estes concertos que son gratuítos e que teñen o obxectivo de “sensibilizar, romper estereotipos e favorecer a visibilización e o empoderamento das mulleres a través da música de mulleres con voz propia que cantan e expresan os nosos dereitos a través da música, como o fan os catro grupos que eliximos para o cartel”.

DE VACAS

Formación galega composta polas voces de Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero que presentan un espectáculo fresco, reivindicativo, con harmonías cálidas e guitarra, unidas ao son do matraquillo cando é preciso, luces e coidada posta en escena.

Cun estilo moi orixinal e peculiar, De Vacas ‘reinterpretan’ a artistas tan dispares en estilo e tempo como Marta Sánchez, Rosalía de Castro ou Enrique Igrexas, e profundizan nas temáticas de corte social.

Segundo explican elas, tamén profundizan nas temáticas de corte social como é o caso da canción Esmegma ou a composición propia Tetas ao ar María del Mar. As grandes referencias da adolescencia latexan ao fondo, consideran que son unha fonte inesgotable de creación que queren seguir explorando.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...