HomeCulturaVÍDEO: Olga Novo entrevistada pola cativada do CEIP da Pobra do Brollón

VÍDEO: Olga Novo entrevistada pola cativada do CEIP da Pobra do Brollón

O centro escolar recibiu días atrás a visita da poeta. Foi un fermoso encontro no que lembrou a súa etapa de escolante ao tempo que as pequenas e pequenos preguntáronlle sobre ela, a súa obra, etc. Publicamos o vídeo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aproveitando o ‘Día da poesía’ queremos recuperar e divulgar a visita tan especial da poeta guímara Olga Novo ao CEIP da Pobra do Brollón dentro das actividades programadas conxuntamente co concello co gallo do 8M. Tratábase, neste caso, de que o alumnado coñecese a unha muller ‘referente’.

Neste entrañable encontro Olga levou con ela unha foto da súa clase, de cando tiña tan só catro anos e ía ao colexio da Pobra, e tamén un caderno no que levaba poemas que escribira dende os 8 anos. Algúns deles recitoullos á cativada.

Olga Novo no CEIP A Pobra do Brollón. Foto: Concello

Os e as estudantes leron tamén poemas da escritora e fixéronlle preguntas sobre os textos, pero tamén sobre outros temas: as súas materias preferidas, o porque de escribir en galego, porque relatos e poesía, escritor preferido galego favorito, diferenzas nos xogos de antes entre nenas e nenos… Houbo rapaces e rapazas que están comezando a escribir co cal foi moi interesante para eles podendo recibir algúns consellos da poeta.

Para rematar a visita, alumnado e profesorado, xunto con persoal da Biblioteca municipal e de Servizos Sociais, fixéronlle entrega dun ramo de rosas, un calendario e unha cunca do colexio.

Na web do colexio fixeron unha crónica da visita e tamén colgaron un vídeo no que entrevistan a Olga. Podes velo aquí:

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...