HomeCultura"O Gran Camiño" este sábado en Sarria, Chantada e A Pobra do...

“O Gran Camiño” este sábado en Sarria, Chantada e A Pobra do Brollón

O Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, arrancará este sábado coa proxección do documental “O Gran Camiño” en Foz, Sarria, Chantada, Vilalba e A Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, convidou a “asistir a esta primeira proxección deste ciclo que leva o mellor da produción audiovisual galega por todo o país, e que tivo o seu xerme na liña de colaboración que establecemos coa Academia Galega do Audiovisual o ano pasado” e valorou que “a iniciativa permita achegar ás vilas e aos municipios máis pequenos propostas culturais de calidade”, agradecendo o apoio dos concellos e asociacións que colaboran nas proxeccións. Finalista dos XX Mestre Mateo na categoría de Mellor documental, o filme, dirixido por Alba Prol e Raúl García, narra a súa experiencia percorrendo as grandes rutas a pé do mundo. Unha viaxe de miles de quilómetros que trata temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio, os conflitos sociais, a espiritualidade ou o coidado do noso planeta. Foi  seleccionado e premiado en máis dunha vintena de certames internacionais

Proxeccións
A Pobra do Brollón – Casa da Cultura Olga Novo. 20.00 horas. Colabora Concello da Pobra do Brollón.
Chantada – Auditorio Municipal. 20.00 horas. Colaboran Concello de Chantada e Airoá Comunicación.
Sarria – Sociedade Recreativa La Unión. 19.00 horas. Colabora Cineclube Leslie Nielsen

O ciclo continuará, nos mesmos espazos, durante os vindeiros meses, proxectándose todas as longametraxes finalistas dos Premios Mestre Mateo, cuxa gala se celebrou a pasada fin de semana. Ademais de “O Gran Camiño”, veranse as longametraxes documentais “A Virxe Roxa”, “A poeta analfabeta” e “Welcome to ma maison” e as ficcións ‘Cuñados’, ‘Jacinto’, ‘Malencolía’ e ‘Tres’

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...