HomeCultura'A viaxe de Rosalía', espectáculo de monicreques en Quiroga

‘A viaxe de Rosalía’, espectáculo de monicreques en Quiroga

Coa organización desta actividade a Asociación Sociocultural da Comarca de Quiroga retoma a súa axenda de actividades para este 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A  Asociación Sociocultural da Comarca de Quiroga convida ás quiroguesas e aos quirogueses a un espectáculo de monicreques moi interesante recomendado para público familiar: “A viaxe de Rosalía”.

Será este sábado 26 de marzo ás 20:00 h. no salón de actos da Casa da Cultura e a representación correrá a cargo da actriz e monicrequeira é Larraitz Urruzola Tolosa.

SINOPSE

A protagonista desta viaxe é Rosalía de Castro, que ven coa súa madriña Francisca. Xuntas contarán pasaxes da vida da artista e algúns dos seus poemas, da man da actriz e monicrequeira Larraitz Urruzola. 

Utilízanse monicreques de mesa, onde o traballo de manipulación faise á vista, creando diálogo entre actriz-monicreque-público-actriz.

Nesta proposta hai ampla versatilidade á hora de crear personaxes e dinámicas de interrelación co espectador, aplicándose as ferramentas da narración oral tradicionais, xógase a crear atmosferas poéticas, situacións que xorden da transformación dos obxectos e espazos, contribuíndo a iniciarse no mundo da poesía, dos contos e do teatro a través da inventiva, da creación efémera e espontánea.

O espectáculo está patrocinado pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....