InicioCultura"Meu Camiño" estréase con piano de cola sobre un catamarán no Sil

“Meu Camiño” estréase con piano de cola sobre un catamarán no Sil

Este mércores, 13 de abril, preséntase en Sober a II edición do Camiño Creativo, un camiño específico para emprendedores que poderán desenvolver o seu plan de negocio facendo, do 5 ao 25 de xullo, as etapas do Camiño de Inverno que pasan pola Ribeira Sacra. Aproveitarase para a presentación da música de “Meu Camiño” cun piano de cola sobre o catamarán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores, 13 de abril, preséntase en Sober a II edición do Camiño Creativo, un camiño específico para emprendedores que poderán desenvolver o seu plan de negocio facendo, do 5 ao 25 de xullo, as etapas do Camiño de Inverno que pasan pola Ribeira Sacra.

Ás 11:30 h deste mércores farase a inauguración nun catamarán que partirá do embarcadoiro Ponte do Sil coas autoridades convidadas. A cita pretende ser unha experiencia única, na que a música se fusionará coa paisaxe dos viñedos da Ribeira Sacra. Con piano de cola sobre o catamarán, da man do compositor e músico, Juan Antonio Simarro, a voz da cantante e compositora galega, Rocío Caamaño, con acompañamento de gaitas de Javier Franco e Christian Castrelo e do arcodeonista Fernando Fraga.

A estrea da música de “Meu Camiño” ocupará o lugar central desta inauguración, aproveitarase para a gravación dun vídeo promocional do Camiño Creativo pola produtora, Némesis Audiovisual, recollendo o espectáculo nesa escenografía única.

Ás 13:00 h, haberá un concerto aberto ao público na Igrexa de Cadeiras (Sober), tamén con Juan Antonio Simarro acompañado doutros 6 músicos, quen interpretará entre outras pezas “Sinfonía para un mundo mellor”, nun contexto global que pide unha aposta pola paz e o respecto á natureza, como estratexias crave para alcanzar o desenvolvemento sostible. Concluirase cunha cata de viños da denominación de orixe Ribeira Sacra.

Camiño Creativo

Trátase dunha iniciativa impulsada desde España Creativa e a Rede de Cidades e Territorios Creativos de España (RECITCREA), que conta co apoio do Ministerio de Cultura a través das Axudas de Acción e Promoción Cultural 2021, coa colaboración da Xunta de Galicia desde a Consellería de Cultura e da Deputación de Lugo. Unha iniciativa aprobada polo Consello Xacobeo e incorporada á súa programación oficial como evento de excepcionalidade pública.

O Camiño Creativo poderase realizar en modalidade Presencial, Semipresencial, Virtual ou Por Etapas independentes e recoñécense créditos universitarios polo seu Plan de Formación. Ofértanse nesta convocatoria pública ata 20 PRAZAS PRESENCIAIS, 30 PRAZAS VIRTUAIS, 5 SEMIPRESENCIAIS e 5 POR ETAPA independente.

Axudarase aos emprendedores para desenvolver o seu Plan de Negocio ao longo do camiño, a través de talleres, mentorización personalizada, charlas experienciales de profesións, actividades de networking e visitas culturais. O Plan de Formación do Camiño Creativo conta con 50 horas lectivas, ademais das horas de traballo individual e desenvolvemento do proxecto emprendedor, que está a ser obxecto de recoñecemento de créditos por varias universidades.

O Prazo de Inscrición estará aberto ata o 15 de maio 2022. O Camiño Creativo realizarase do 5 ao 25 de xullo polas 4 provincias galegas, nas 10 Etapas do Camiño de Inverno. A duración total é de 20 días e 263 km. Esta Segunda Convocatoria estará aberta ata o 15 de Maio e aqueles Emprendedores interesados poderán consultar a CONVOCATORIA na propia web: www.elcaminocreativodesantiago.es

ÚLTIMAS

“O meu agasallo favorito foi unha máquina de coser”, Sonia Argiz, emprendedora

Sonia Argiz Río é unha galega afincada en Castelo, no Concello de Taboada, lugar...

Sober presenta o cartel e a programación da XLIV Feira do Viño e o Mes do Amandi

Este ano o convidado de honra é o Concello de Pereiro de Aguiar, nunha...

Katy Varela: “Tomé equivócase ao negarse a flexibilizar as modificacións da ordenanza de tráfico”

O equipo de goberno do concello de Monforte, no pleno desde luns pode definitivamente...

Recurso de reposición de Por Chantada á aprobación definitiva do proxecto de urbanización da rúa Rego

Con estes antecedentes, Por Chantada presenta un recurso potestativo de resposición que pon fin...