HomeCulturaInteresante charla sobre cómic no IES A Pinguela

Interesante charla sobre cómic no IES A Pinguela

O profesor de Historia Medieval da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, Israel Sanmartín, impartiu o pasado xoves unha conferencia baixo o título "La Edad Media y el Cómic".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O profesor de Historia Medieval na USC Israel Sanmartín vén de impartir no IES A Pinguela de Monforte unha interesante conferencia sobre “La Edad Media y el Cómic” na que analizou as características dese medio de expresión e de como foi evolucionando desde os seus controvertidos nacementos ata a actualidade. Na charla tamén se referiu á utilización do cómic como entretemento, pero tamén como ferramenta para reflectir valores políticos a través dunha imaxinaria Idade Media; e neste caso sinalou a súa ligazón co movemento neomedievalista actual.

Alumnado vendo algúns exemplares de cómics antigos. Foto: IES A Pinguela.

No transcurso da súa exposición amosou exemplares de heroes do cómic medieval, coma o Capitán Trueno, El Príncipe Valiente, El Guerrero Enmascarado… e tamén deu conta dos primeiros exemplares de Flechas y Pelayos.

Segundo explica o director, Enrique Sampil “na biblioteca do noso instituto están a disposición do alumnado numerosas coleccións de cómic, tanto clásico coma moderno, polo que cremos que esta actividade formativa remata tamén cun… continuará”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...