HomeCultura"Arte nos vidros" saca cadros de Manuel Jorge ás fiestras de bares...

“Arte nos vidros” saca cadros de Manuel Jorge ás fiestras de bares e comercios de Chantada

A veciñanza de Chantada atópase dende esta semana cun convidado máis nos seus paseos, compras e cafés pola vila: os cadros de Manuel Jorge, ou polo menos unha versión dos mesmos realizada por alumnado dos centros de secundaria Val do Asma e Lama das Quendas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada, en colaboración cos institutos Val do Asma e Lama das Quendas, desenvolve unha intervención artística nas rúas para manter viva a lembranza do pintor, Manuel Jorge, e adiantar os plans de creación dun museo na vila.

A profesora, Lola López, tamén membro da Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada, propuxo esta intervención artística pola vila co obxectivo de manter viva a lembranza do pintor e comezar a preparar á veciñanza de cara aos plans de apertura do Centro de Arte Contemporáneo Manuel Jorge, que xa ten ubicación nunha casa do cantón chantadino.

Arte nos vidros / Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada

A actividade comezou este luns, 23 de maio, e continuará toda a semana, conta coa colaboración de varios negocios da vila como o Café Capitol, a tenda de deportes Jamex, o Café Cantón, o Bar 13 e o Café Manix. Tamén se pintarán os vidros da sede da Asociación, instalada de forma temporal no número 8 da Praza de Santa Ana.

Arte nos vidros / Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada

Lola López, cocordinadora da actividade, explicou que se trata dunha acción moi interesante para a mocidade xa que «intervén no seu entorno máis próximo dunha forma creativa e sosprendente, xerando conexións emocionais tanto coa obra de Manuel Jorge como cos comercios e a veciñanza».

Este tipo de actividades serán a pauta do futuro museo Manuel Jorge, dende onde se fomentarán as artes plásticas e as artes vivas cunha relación moi estreita cos colectivos veciñais e mais os colexios.

Arte nos vidros / Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada

ÚLTIMAS

Mostra dos carteis presentados ao XXI Concurso das Festas Patronais 2026 de Monforte

O Concello de Monforte vén de abrir ao público na Casa da Cultura a...

Chantada presenta o cartel e a programación das Festas Patronais que se celebran do 20 ao 25 de agosto

Nas actividades destaca, como sinalou o concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez Carballo, a promoción...

Co peche do estacionamento do Parque dos Condes comeza o dispositivo especial de tráfico para as Festas de Monforte

Este dispositivo especial regula tanto o tráfico da cidade como as zonas de aparcamento,...

250.000€ da Deputación para mellorar camiños municipais en Láncara

O acto central da visita foi a sinatura dun novo convenio interadministrativo entre a...