HomeCulturaLive is life en pantalla xigante o 29 de xullo en Sober

Live is life en pantalla xigante o 29 de xullo en Sober

A película foi rodada en diferentes escenarios da Ribeira Sacra, un deles Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober organiza a proxección en pantalla xigante, a través de ‘Cine da Rúa’, do último filme do director monfortino, Dani de la Torre, ‘Live is Life. La gran aventura’.

O pase terá lugar o vindeiro venres, 29 de xullo, ás 22:30 horas na Praza do Concello de Sober con entrada de balde para quen queira asistir.

O rexedor, Luis Fernández Guitián, destaca a importancia deste evento por dous motivos. “Dun lado agradecerlle a Dani de la Torre que elixira Sober como un dos escenarios da súa nova película. E en segundo lugar, poder achegar este filme a todos os veciños e veciñas de xeito totalmente gratuíto”.

O rexedor convida a todos e todas os soberinos e os que nos visiten nesas datas a participar da proxección do filme nunha contorna especial, como é a Praza do Concello da localidade. “Estamos desexando ver as paisaxes que recolle a película da Ribeira Sacra e do noso Concello en pantalla xigante e en Sober”, remarca.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...