HomeCulturaMúsica no camiño e matriculación na Escola Municipal de Sarria

Música no camiño e matriculación na Escola Municipal de Sarria

Moi boa acollida dos concertos onde a Igrexa de Santa Mariña de Sarria esta pasada fin de semana. Actuaron Sarricanta e Lorena do Val & Gonzalo Herrero dentro do ciclo "As tardiñas de Santa Mariña, un descanso no Camiño".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“As Tardiñas de Santa Mariña, un descanso no Camiño” é un ciclo de concertos de música local que se desenvolven durante os meses de xullo e agosto de 2022 na Praza de Juan María López (Igrexa de Santa Mariña). Estas actuacións están pensadas no goce dos peregrinos, visitantes e veciñanza de Sarria.

O venres día 8 de xullo actuou o colectivo Sarricanta e o pasado domingo, 10 de xullo, actuaron Lorena do Val & Gonzalo Herrero. Os dous concertos foron ás 19:30 h.

MATRICULACIÓN NA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL

O pasado 8 de xullo rematou o prazo para que se matriculara o alumnado con reserva de praza –matrícula de continuidade– mentres que para o resto do alumnado o prazo será o seguinte.

Alumnado matriculados durante todo o curso anterior á presente convocatoria en música e movemento que solicitan instrumento por primeira vez (matrícula preferente): do 11 ao 15 de xullo, ambos inclusive. Será requisito imprescindible que o ano de nacemento do alumno sexa 2015 ou anterior.

Alumnos de novo ingreso (nova matrícula): do 18 de ao 22 de xullo, ambos inclusive.

As solicitudes das persoas interesadas presentaranse de forma presencial nas instalacións da Escola de Música de Sarria, sita na Rúa Pedro Saco en horario de 10:00 a 14:00 horas.

As bases completas están publicadas na páxina web do Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...