HomeCulturaBóveda celebra a 1ª Fentos Festa na Filgueira, os días 22 e...

Bóveda celebra a 1ª Fentos Festa na Filgueira, os días 22 e 23 de xullo

O Concello de Bóveda pon en marcha a 1ª Fentos Festa na Filgueira, a primeira mostra de formacións musicais de carácter afeccionado da comarca da Ribeira Sacra e de diferentes estilos musicais actuais que se celebrará o 22 e o 23 de xullo na Praza da Filgueira de Bóveda en horario de tarde-noite.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As Pandereteiras de Bóveda serán as primeiras en poñer música á 1ª Fentos Festa na Filgueira o venres, 22 de xullo, a partir das 21:00 horas. A partir das 22:30 horas está prevista a actuación do grupo Coolflanders e ás 00:00 horas, serán Untides os encargados de clausurar a xornada. O venres 22 tamén se haberá un obradoiro de percusión en lata de pemento, a partir das 19:30 horas.

O sábado, 23 de xullo, actuarán na praza da Filgueira a Coral Polifónica Municipal de Bóveda ás 20:30 horas e a Banda de Sober ás 22:00 horas. Todas as actuacións serán abertas ao público en xeral e de carácter gratuíto.

“Esta iniciativa nace co obxectivo de amosar o que se está a facer hoxe en día no eido da música afeccionada nesta parte da xeografía galega”, apunta o alcalde, José Manuel Arias. Concretamente, nesta primeira edición, “a mostra inclúe grupos de soul, de metal/deathcore, pandereteiras, unha banda de música e unha coral polifónica. Todos relacionados, dun xeito ou doutro, coa música do noso Concello”. Tamén se desenvolverá un obradoiro de formación musical.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...