InicioCulturaO 17º Ribeira Sacra reúne a 15 bandas co apoio da Xunta

O 17º Ribeira Sacra reúne a 15 bandas co apoio da Xunta

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, acudiu hoxe ás Bodegas Regina Viarum para participar na presentación do 17º Ribeira Sacra Festival xunto ao seu director, Carlos A. Montilla, e representantes doutras entidades patrocinadoras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A sexta edición do 17º Ribeira Sacra Festival ofrecerá os concertos de 15 bandas entre os días 28 e 31 de xullo, para o que contará coa contribución da Xunta de Galicia a través dunha dupla vía. Por unha banda, este encontro musical, que reparte o seu programa entre diversos concellos pertencentes á comarca da denominada viticultura heroica, está adherido á marca FEST Galicia coa que o Goberno galego promove a nosa Comunidade como destino musical de calidade. Pola outra, é un dos 21 festivais beneficiarios da convocatoria anual de axudas á que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina 350.000 euros para contribuír á organización de eventos musicais de carácter profesional e considerados estratéxicos.

A singularidade dos espazos nos que se instalarán os escenarios é un dos sinais de identidade do 17º Ribeira Sacra Festival, que neste 2022 volve apostar por brindarlle ao público a posibilidade de gozar con propostas musicais de calidade en lugares de excepcional beleza desta contorna natural na que conflúen os ríos Sil, Miño e Cabe. Os concertos terán lugar así en enclaves naturais como o Mirador de Santiorxo, no casco antigo de Chantada, na reitoral de artesanía de Gundivós ou mesmo nun catamarán en plena navegación polo propio Sil.

Nesta liña, o representante da Xunta de Galicia puxo en valor o potencial dinamizador da música como atractivo turístico, ao tempo que destacou como a actividade do 17º Ribeira Sacra Festival encaixa á perfección cos obxectivos de FEST Galicia, marca coa que a Xunta promociona o noso territorio cara ao exterior como lugar de referencia e de calidade a través de eventos que funcionan de xeito profesional e que lle achegan valores engadidos á experiencia musical tanto na súa oferta de actividades como na súa xestión e organización.

Un día máis de programa

A sexta edición do 17º Ribeira Sacra Festival ampliará neste 2022 a súa duración ao incorporar unha cuarta xornada ao seu programa. O cartel deste ano repartirá así entre o xoves 28 e o domingo 31 os concertos de 15 bandas que conforman unha selección de propostas de calidade, tanto do panorama nacional coma do internacional. Bandas e solistas como os británicos The Hanging Stars, os escoceses Teenage Fan Club, os israelís do grupo Lola Marsh, o vasco Amorante, a madrileña Alicia Wonder ou cataláns Manel actuarán nos diferentes escenarios.

A representación galega corre a cargo de formacións artísticas como Eladio y los Seres Queridos, Rapariga DJ ou Coolnenas, colectivo que inclúe a compostelá Mariagrep, a viguesa Daniela Díaz Costas —máis coñecida simplemente como dani— e a canaria Kimberley Tell.

A programación desta sexta edición inclúe tamén unha selección de actividades paralelas ao redor da natureza e da gastronomía. Na oferta deste ano, destaca a cata Territorios Vinícolas, que terá lugar no Parador de Monforte e na que se darán probar viños de tres áreas de produción vencellados entre si por acoller festivais irmáns do 17º Ribeira Sacra: Esférica Rioja Alavesa e Nómade, en els Alforins (Valencia).

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...