HomeCultura"Live is Life" este 29 de xullo na Praza do Campo da...

“Live is Life” este 29 de xullo na Praza do Campo da Feira de Sober

O Concello de Sober proxecta este venres en pantalla xigante a través de 'Cine da Rúa' o último filme de Dani de la Torre, a película 'Live is Life. La gran aventura'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pase terá lugar o vindeiro venres, 29 de xullo, ás 22:30 horas na Praza Campo da Feira de Sober con entrada de balde para quen queira asistir.

O rexedor, Luis Fernández Guitián, destaca a importancia deste evento por dous motivos. “Dun lado agradecerlle a Dani de la Torre que elixira Sober como un dos escenarios da súa nova película. E en segundo lugar, poder achegar este filme a todos os veciños e veciñas de xeito totalmente gratuíto”, precisa.

O rexedor convida a todos e todas os soberinos e os que nos visiten nesas datas a participar da proxección do filme. “Estamos desexando ver as paisaxes que recolle a película da Ribeira Sacra e do noso Concello en pantalla xigante e en Sober”, remarca.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...