HomeCulturaActo veciñal en defensa do monte e fin de semana cultural na...

Acto veciñal en defensa do monte e fin de semana cultural na Pobra do Brollón

Esta fin de semana volve cargada de actividade en terras guímaras con diversos eventos, tras a suspensión provocada polos lumes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O venres pasado estaba previsto un concerto do grupo Caldo que tivo que ser adiado debido ao incendio forestal. Finalmente, terá lugar este venres 29 a partir das 20:30 no Bar-Restaurante A Mesa dos Catro Cabaleiros, na aldea do Busto.

A aldea, situada na parroquia de Saa, é unha das zonas do municipio que foi afectada polos lumes. En resposta ao devastador incendio, este primeiro evento municipal despois da vaga de lumes será precedido dun “acto veciñal en defensa do noso monte”.

“Trátase tamén dunha oportunidade de agradecer de xeito público aos veciños e veciñas que axudaron na situación extrema da semana pasada tanto na primeira liña de lumes como na loxística colaborativa” comenta Xosé Lois Maceda, alcalde da Pobra do Brollón.

Despois do acto comezará o concerto de Caldo, trío que que achega a música tradicional galega a contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos propios instrumentos. Gañadores a mellor proxecto de música folk nos Premios Martín Códax da Música de 2020, actualmente atópanse nun verán repleto de actuacións en escenarios de prestixio como os Atardeceres do Gaiás na Cidade da Cultura.

O restaurante A Mesa dos Catro Cabaleiros ofrecerá opción de cea en forma de racións. A previsión é que o concerto remate en foliada, polo que dende a organización exhortan aos asistentes a que suban instrumentos e ganas de baile.

Fin de semana cultural na Pobra do Brollón

O sábado 30 continúa a actividade cultural, neste caso no espazo do conxunto de adegas medievais de Vilachá, que acollerán un dos eventos do 17º Festival Ribeira Sacra, con apoio do Concello da Pobra do Brollón e da Asociación veciñal de Vilachá de Salvadur.

O espazo abrirá a partir das 13:00 co evento principal, a actuación de Los Mejillones Tigre, grupo de Jaén que inspira alegría e baile a través dunha mestura de cumbia, garage, boogaloo e psicodelia. Despois do concerto, que terá lugar na zona do fondo das adegas, a música trasládase ao Campo da Festa onde haberá sesión DJ e postos de comida incluíndo pulpeira. Ademais, haberá adegas abertas e sorpresas ao longo do evento.

Vilachá acolle outra celebración ese mesmo día, neste caso na aldea de Trasmonte xa que o Furancho O Currio pecha as súas portas debido á fin de tempada. Organizan a partir das 20:00h unha festa en forma de foliada para despedirse dos clientes e amigos.

O domingo 31 a actividade trasládase á parroquia de Fornelas onde se está a escavar no xacemento da Muradella. O equipo dirixido polo arqueólogo, Rodrigo Paulos Bravo, celebrará xunto aos veciños unha xornada de portas abertas que inclúe unha visita ao xacemento, charlas con membros do equipo e actividades festivas. O evento enmárcase no Bicentenario do Concello de Cereixa promovido polo arqueólogo e investigador, Xurxo Ayán.

Unha fin de semana repleta de actividades que como recalca o Alcalde, “é sintomática do noso xeito de facer, descentralizando as actividades naxacemens distintas parroquias e apoiando aos establecementos locais”.

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...