HomeCulturaSebastián Pitré presenta Concerto Nómade este 29 de xullo en Chantada

Sebastián Pitré presenta Concerto Nómade este 29 de xullo en Chantada

O concerto, organizado pola concellalía de cultura de Chantada, celebrarase ás 20 horas, antes do Concerto da Banda de Música de Chantada na Praza do Cantón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este concerto é unha actividade de “Percorrendo España Xuntos”, un proxecto innovador deseñado polo produtora Concepto Nómade co apoio da empresa Guitarras Alhambra.

Sebastián Pitré, compositor arxentino de música nómade, concertista de guitarra, investigador e formador musical, con traxectoria internacional, discos editados, libros publicados e unha creatividade que o levou a percorrer o mundo coa súa música presenta Concerto Nómade.

Trátase dunha viaxe ao redor do mundo a través da música. A viaxe nómada da Guitarra Española, un percorrido polos diferentes estilos, países e paisaxes onde é protagonista. Tango, flamenco, folclore arxentino, música brasilera, latinoamericana e española, entre outros ritmos.

Sebastián Pitré conta con música e palabras a orixe e as inspiracións das súas composicións. Un show íntimo, pensado para todos os públicos, que convida a todos os amantes da música a viaxar a través dos sons.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...