HomeCulturaProxección de "Valentina" este 4 de agosto en Monforte

Proxección de “Valentina” este 4 de agosto en Monforte

A proxección forma parte da programación do Camiño Creativo de Santiago e ía ter lugar o pasado 14 de xullo, xornada na que se suspendeu pola tormenta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte colaborará cos emprendedores que participen no programa “El Camino Creativo-Xacobeo 2022 Emprende!”, a segunda edición unha iniciativa impulsada dende a Red de Ciudades y Territorios Creativos de España (RECITCREA) e da que o Concello é membro.

Na edición deste ano o Concello acolleu dúas actividades a principios do mes de xullo, dirixidas especialmente ós emprendedores que están a participar neste Camiño Creativo, que deu comezo o pasado 7 de xullo, e que tamén están abertas a participación da cidadanía en xeral.

Este xoves, 4 xullo, a partir das 21:30h terá lugar na praza Campo de San Antonio, a recuperación da proxección da película  VALENTINA, que foi  galardoada coma Mellor Película de Animación nos premios Goya 2022. A entrada é aberta e gratuíta para  toda a poboación. Este cine de verán incluirá o seguinte programa:

  • 21:30 h.- Presentación da película pola súa directora, Chelo Loureiro.
  • 21:45 h.- Proxección do corto “La Chica de la Ventana”, dirixido por Javier Saco e gravado en Monforte.
  • 22:00 h.- Proxección de VALENTINA.
  • 23:10 h.- Coloquio aberto con Chelo Loureiro.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...