HomeCulturaActividades do Círculo Saviñao e monólogo de Alberte Montes no "Solpor Hermida"...

Actividades do Círculo Saviñao e monólogo de Alberte Montes no “Solpor Hermida” do Incio

O monologuista Alberte Montes este venres na terraza do Hotel Rural Ermida. E o Círculo Saviñao acolle o día 13 un concerto de Sergio Alba e ten ata comezos de setembro unha exposición de Gelín.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Círculo Cultural e Recreativo do Saviñao acolle ata o 4 de setembro unha exposición de acrílicos de Gelín. Ademais o sábado, día 13 de agosto, o Círculo ofrece un concerto de Sergio Alba ás 8 da tarde. O artista presentarán versións dos anos 90.

Alberte Montes, actor e humorista orixinario dos Anguieiros en Quiroga, ofrecerá o venres, 12 de agosto, un monólogo en Terras do Incio. A actuación será ás 20.30 na terraza do Hotel Rural Hermida, dentro do ciclo ‘Solpor Hermida’ que fai posible acompañar o goce dos seus fermosos solpores con actuacións en vivo.

Os monólogos de Alberte Montes caracterízanse pola súa singular visión da realidade, as súas coñecidas “Albertadas”, e tamén por amosar o xeito de ser dos galegos coas súas virtudes e os seus defectos. Neste senso, o recurso dos tópicos ten un obxectivo, non desmontalos nin erradicalos, se non transformalos e cargalos de valor. “Historicamente teñen empregado os tópicos para ridiculizarnos e mofarse de nós, feito que explicaría en parte que arrastremos algo de autoxenreira. Eses tempos foron pasando e agora xa somos quen de defendernos con orgullo dese estigma combatendo aos ignorantes, ríndonos dos propios defectos e chufando das nosas diferenzas”, afirma Alberte nun dos seus textos máis coñecido, “Galego pode selo calquera”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...