HomeCulturaA mostra "A Casa de Galicia" na Praza da Vila de Sarria

A mostra “A Casa de Galicia” na Praza da Vila de Sarria

A mostra “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía” continúa en Sarria a itinerancia programada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo nas distintas comarcas para celebrar o medio século da apertura como museo da Casa da Matanza de Padrón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A  exposición, promovida pola Fundación Rosalía de Castro, recolle a historia da adquisición, restauración e musealización da vivenda na que a escritora pasou os últimos anos da súa vida. A Casa-Museo inaugurouse como tal en xullo de 1971, tras case tres décadas de traballo impulsado por personalidades do galeguismo, que tivo o apoio de milleiros de persoas a título individual e tamén de institucións do país e da emigración.

A mostra, cun formato itinerante que reproduce distintas estancias dunha casa, pode verse na Praza da Vila ata o vindeiro 5 de setembro.

A itinerancia da exposición enmárcase na programación que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo desenvolve para divulgar e poñer en valor a obra de Rosalía de Castro, que inclúe representacións teatrais e intervencións artísticas en diferentes localidades da man de asociacións e centros educativos.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...