HomeCulturaXornada Europea da Cultura Xudía o día 4 de setembro con dúas...

Xornada Europea da Cultura Xudía o día 4 de setembro con dúas visitas guiadas en Monforte

Esta actividade intégrase dentro do programa do Verán Cultural organizado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte. As visitas correrán a cargo do investigador monfortino Felipe Aira, sendo estas gratuítas e cunha duración de hora e media. As prazas para realizar as visitas son limitadas, polo que será preciso inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte conmemora este domingo, 4 de setembro, a Xornada Europea da Cultura Xudía-Renewal, a través da organización de dúas visitas comentadas á zona de ámbito xudeu de Monforte, con saída dende a Oficina Municipal de Turismo (rúa do Comercio 6) ás 11:30 e ás 18:00 h.

Monforte de Lemos pertence, xunto con outras  poboacións de España, á Asociación “Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad”, un recoñecemento ó seu rico pasado medieval e en particular á pegada hebrea no mesmo. Pertencer a esta asociación supón contar con actividades que permiten a divulgación do patrimonio histórico e artístico da cidade.

A temática da Xornada Europea da Cultura Xudía proposta pola Red de Juderías para este ano 2022 en 35 países europeos foi RENACER (Renewal), un concepto entretexido en moitos aspectos da vida e a práctica xudías, como o é no sentido de recuperación do pasado.

Un concepto que permite seguir as pegadas e a memoria naqueles lugares onde houbo presenza xudía, e que a pesar da súa desaparición conserva aínda na actualidade unha herdanza e un patrimonio sen o cal non seriamos capaces de entender o presente, e cuxo legado, de xeración en xeración, constitúe un tesouro fundamental na transmisión da identidade.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...