InicioCulturaAntón Lopo colaborará na 8ª xuntanza do colectivo 'Lemos le'

Antón Lopo colaborará na 8ª xuntanza do colectivo ‘Lemos le’

O colectivo que conforman bibliotecas escolares, bibliotecas públicas municipais e a Asociación de Librarías da comarca de Lemos xuntarase nunha cea de confraternidade o vindeiro 22 de outubro no restaurante Bistró de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Colectivo Lemos Le naceu no ano 2012, a partir dunha reunión de bibliotecarios/as convocada pola biblioteca do CEIP A Gándara co gallo do Día Internacional da Biblioteca. A idea era buscar fórmulas de colaboración e coordinación entre profesores/as e bibliotecarios/as co obxectivo de activar unha rede de bibliotecas da comarca e crear un grupo de traballo para fomentar a lectura e realizar un labor divulgativo na Comarca de Lemos.

Dende o seu nacemento teñen por costume facer unha xuntanza de confraternidade que vén coincidindo co ‘Día da Biblioteca’, que se celebra o 24 de outubro. Para conmemorar esta data, e tras dous anos de parón obrigado pola pandemia, est´´an organizando unha cea na que contan cos sectores da cultura, a lectura e a educación. O obxectivo é reivindicar o papel das Bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores, lugar de encontro e centros de información e recursos.

Esta 8ª xuntanza celebrarase no Concello de Monforte de Lemos, concretamente no restaurante Bistró, e como novidade haberá un pequeno evento literario aberto a calquera persoa que queira compartir un texto propio de calquera xénero cunha duración máxima de 3 minutos. Aquelas persoas que queiran participar neste recital deberán anotarse antes nas bibliotecas que forman parte do colectivo.

A cea de confraternidade no restaurante Bistró será o 22 de outubro a partir das 21:00 h. e quen queira asistir deberá recoller entrada nas Bibliotecas Públicas da Pobra do Brollón, Bóveda, Pantón, O Saviñao e Sober ou nas bibliotecas escolares do colectivo abonando o prexo de 35 euros.

ANTÓN LOPO

Este ano contarán coa colaboración do monfortino Antón Lopo “que nos agasallará cun texto para conmemorar o Día das Bibliotecas”, din dende ‘Lemos Le’.

Antes que Lopo teñen colaborado noutras edicións: Olga Novo, Manuel Veiga, Lois Diéguez, Ramón Sandoval, Xabier Quiroga, Alicia Fernández, Flora Enríquez, Noa Moreira e Margarita R. Otero.

CONFORMAN O COLECTIVO LEMOS LE

Conforman o colectivo as bibliotecas escolares: CEIP A Gándara, CEIP Plurilingüe Monforte, Escola Oficial de Idiomas, IES Daviña Rei, IES A Pinguela e IES Río Cabe de Monforte, CEIP da Pobra do Brollón, CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón, CEIP P. Virxe do Carme de Sober, CEIP Rosalía de Castro de Bóveda e CPI Dr. L´ópez Suárez do Saviñao.

E tamén as Bibliotecas Públicas Municipais (BPM) da Pobra do Brollón, Bóveda, Pantón, O Saviñao e Sober.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...