HomeCulturaChega a Sarria o proxecto MAVI: a Maleta Viaxeira contra a Violencia...

Chega a Sarria o proxecto MAVI: a Maleta Viaxeira contra a Violencia de xénero

A Maleta Viaxeira é unha iniciativa promovida pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación no marco do programa de actividades arredor do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria é a nova parada do proxecto “MAVI: a Maleta Viaxeira contra a Violencia de xénero”, a iniciativa do Goberno que nace para achegar recursos formativos en igualdade e contra a violencia machista na provincia. MAVI busca promover, entre os veciños e veciñas, un espazo no que a cidadanía reflexione, fomentando un pensamento crítico ante os estereotipos e roles de xénero.

Isabel Rodríguez, acompañada do alcalde de Sarria, Claudio Garrido; da concelleira de Igualdade, Mónica López; e da xefa da unidade de violencia de xénero da Subdelegación, María Luisa Castro; presentou este mércores, na Casa do Concello, o proxecto co que a Subdelegación achega libros de diferentes temáticas relacionadas co feminismo, a igualdade, o empoderamento, a autoestima ou a violencia de xénero ás veciñas e veciños da provincia. “Son textos que axudan a concienciar e sensibilizar en igualdade para que a sociedade no seu conxunto comprenda que a violencia de xénero debe ser erradicada das nosas rúas, dos nosos pobos e das nosas cidades”, sinalou.

Durante o acto, a subdelegada advertiu que Sarria conta, actualmente, con 25 casos activos do Sistema de seguimento de violencia de xénero (Vioxén). “As institucións públicas temos o deber de eliminar calquera tipo de violencia contras as mulleres. E temos que facelo xuntas, sumando esforzos e traballando da man, para ofrecer ás vítimas unha resposta rápida e eficaz” subliñou Rodríguez quen agradeceu ao Concello a súa colaboración con este proxecto, que permanecerá un mes no municipio. Coa de Sarria son dúas as maletas que percorren a provincia, a outra en Viveiro.

Libros para todas as idades

Nesta primeira etapa, a maleta conta con doce libros infantís, xuvenís e para adultos, co obxectivo de que non so as mulleres e homes, senón as persoas máis novas sexan as protagonistas do proxecto. Así mesmo, a maleta contén un diario de viaxe no que as persoas que participen no proxecto poden compartir as súas reflexións sobre as lecturas.

Maleta viaxeira Sarria / Subdelegación do Goberno

Entre os títulos que garda a maleta de Sarria están “A historia dos bonobos con lentes”, de Adela Turín; “Yo voy conmigo”, de Raquel Díaz; “Los hombres me explican cosas”, de Rebecca Solnit; “Mentiras para ser una mujer de verdad. Manual para principiantes”, de Rocío Salazar; “Si es amor, no duele”, de Pamela Palenciano e Iván Larreynaga; “El futuro es femenino: Cuentos para que juntas cambiemos el mundo”, VVAA; “Lola Vendetta. Una habitación propia con wifi”, de Raquel Riba; “Matriarcas. Mulleres en pé de vida”, de Montse Fajardo; “A mi no me iba a pasar”, de Laura Freixas; “Invisibles: Relatos del maltrato”, de Montse Fajardo; “Feminismo para principiantes”, de Nuria Varela e Antonia Santolaya; “Voces que cuentan. Una antología”, VVAA.

Os municipios polos que pasará a maleta poden incluír aquelas obras escritas ou protagonizados polas mulleres do concello, co obxectivo de visibilizar o traballo e as historias das mulleres da provincia.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...