HomeCultura'O crime de Lady Sibille', teatro afeccionado en Sarria

‘O crime de Lady Sibille’, teatro afeccionado en Sarria

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo trae a Sarria a montaxe "O crime de Lady Sibille", unha peza adaptada dunha obra de Óscar Wilde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado 3 de decembro ás 19:30 h., e dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, chega á Casa da Cultura de Sarria a compañía monfortina TEATREIRAS.

A obra que interpretarán é “O crime de Lady Sibille”, unha adaptación da monfortina Paqui Abeledo baseada no libro de Óscar Wilde ‘Os crimes de Lord Arthur’.

SINOPSE

Nunha das festas que a extravagante Gladis Winder ofrece na súa casa, a vida de Lady Sibille cambia radicalmente cando un quiromántico que tamén é convidado, léndolle a man revélalle que cometerá un asasinato fatal. Ela, crendo todo canto lle dixo o falabarato, planea o asasinato, que terá que ser antes da voda por medo a ter que matar ao noivo.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...