HomeCulturaUnha lenda do Courel adaptada para ópera e interpretada en Perugia

Unha lenda do Courel adaptada para ópera e interpretada en Perugia

Trátase de 'Loba branca' que será representada o mércores 7 de decembro nesta localidade italiana. O compositor, Brais González, ten moito apego ao Courel grazas a unha tía que vive e traballa alí.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O mércores 7 de decembro terá lugar en Perugia a representación da ópera Loba branca (Lupa bianca), do pianista e compositor galego Brais González en Perugia. A ópera está baseada nunha lenda do Courel e foi estreada xa en Italia o pasado mes de agosto no 55 Festival delle Nazioni de Città di Castelllo.

O pasado mes de setembro, nunha entrevista concedida a Nós Diario, o compositor galego explicaba que con esta obra, que logrou emocionar ao público italiano, “pretendía render homenaxe á lenda da Serra do Courel”. Brais conta tamén noutra entrevista de Inma Otero, para a revista literaria italiana Insula Europea, que a lenda da loba branca pareceulle “un bo xeito de reflexionar sobre os conflitos entre o home e o seu entorno no medio rural”.

A representación da Loba branca é posible grazas ao Centro de Estudos Galegos da Universidade de Perugia. Será no Teatro Cucinelli di Solomeo ás 21:00 h.

LENDA DA LOBA BRANCA

Reflicte o conflito creado entre os lobos e xente dunha aldea do Courel. A morte da líder da manda, a Loba branca, provoca unha maldición para as xentes do lugar que só conseguen atallar grazas ao consello dunha meiga.

ÚLTIMAS

A UNED Sénior de Monforte ten prazo de matrícula aberto para dous novos cursos

O primeiro dos cursos, "Unha aproximación ao patrimonio histórico-artístico na Ribeira Sacra: máis alá...

A Deputación autoriza o convenio de 250.000€ para a Casona do Incio

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres mobilizar máis de...

Ata o 30 de outubro pódense solicitar as axudas para a creación de empresas en Monforte

Desde este venres, 2 de outubro, está aberto o prazo para solicitar as axudas...

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública en Bóveda

Villares sinalou que a Xunta traballa para favorecer o acceso da cidadanía á vivenda,...