HomeCulturaActividades para os máis cativos protagonizan o Nadal en Pantón

Actividades para os máis cativos protagonizan o Nadal en Pantón

“Despois destes dous anos tan difíciles queremos que este Nadal en Pantón veña cargado de ilusión, por iso animamos, sobre todo aos nenos e nenas a participar nas distintas actividades que temos preparadas para que poidan compartir en familia,” convida o alcalde, José Luis Álvarez".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Pantón convoca dous concursos para este Nadal. Por unha banda, o Concurso de Beléns para o que hai prazo aberto de inscrición ata o día 22 deste mes.  O concurso está aberto á participación de asociacións, familias e persoas a nivel individual do municipio.

Para inscribirse deben de acudir á casa da cultura en horario de 10.00 a 20.00 ou chamar por teléfono ao 982 45 63 77. Tamén aquí pódense inscribir ata o 22 de decembro as nenas e nenos interesadas/os en presentar os seus traballos ao Concurso de Postais de Nadal. As postais deben de incorporar nome, apelidos e idade da/do participante na parte posterior.

Non faltarán ao Nadal de Pantón, Papá Noel e os Reis Magos. No acceso á casa cultura, os/as nenos/as contan co Buzón no que deixar os seus desexos para este Nadal. Ademais o día 22 Papá Noel visitará Pantón, ás 11.30 comezará no Centro de Día para despois achegarse á escola intantil e posteriormente percorrer as rúas de Ferreira.

Os máis cativos seguen sendo protagonistas do Nadal de Pantón co comezo do 2023. Na xornada do día 5 celebrarase o Festival de Reis a partir das 18.00 na casa da cultura. Farase a entrega dos premios dos diferentes concursos e as súas maxestades recibirán ás nenas e nenos que se acheguen a pedirlles os seus agasallos, poderán gozar ademais doutras propostas lúdicas.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...