HomeCulturaConcerto solidario de Xabier Vizcaíno na Pobra do Brollón o 17 de...

Concerto solidario de Xabier Vizcaíno na Pobra do Brollón o 17 de decembro

Xabier Vizcaíno ofrecerá xunto coa súa banda un concerto este sábado, 17 de decembro, ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ na Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O músico do Incio interpretará temas do seu último traballo Neno de monte’, unha homenaxe ao mundo rural e á lingua galega a través de relatos da tradición oral.

A entrada é solidaria a través da doazón de produtos non perecedoiros para o banco de alimentos, que serán xestionados pola área de servizos sociais do Concello.

A cantidade orientativa de alimentos por asistente é dun quilo (tipo aceite, conservas de peixe, legumes en conserva, pasta, arroz…), a entregar na porta do concerto. 

Este evento forma parte da programación cultural “Animación na rúa” da Área de Cultura da Vicepresidencia Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...