HomeCulturaConcerto solidario de Xabier Vizcaíno na Pobra do Brollón o 17 de...

Concerto solidario de Xabier Vizcaíno na Pobra do Brollón o 17 de decembro

Xabier Vizcaíno ofrecerá xunto coa súa banda un concerto este sábado, 17 de decembro, ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ na Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O músico do Incio interpretará temas do seu último traballo ‘Neno de monte’, unha homenaxe ao mundo rural e á lingua galega a través de relatos da tradición oral.

A entrada é solidaria a través da doazón de produtos non perecedoiros para o banco de alimentos, que serán xestionados pola área de servizos sociais do Concello.

A cantidade orientativa de alimentos por asistente é dun quilo (tipo aceite, conservas de peixe, legumes en conserva, pasta, arroz…), a entregar na porta do concerto. 

Este evento forma parte da programación cultural “Animación na rúa” da Área de Cultura da Vicepresidencia Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...