HomeCulturaVenres de Concerto de Corais en Monforte e do grupo Raiba en...

Venres de Concerto de Corais en Monforte e do grupo Raiba en Sarria

Este 23 de decembro ás 20:00 horas na Igrexa da Nosa Señora da Antiga celébrase o Festival de Nadal e Raiba actúa a partir das 23.00 no local da asociación Rúa da Música.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Coral Polifónica do Concello de Monforte e a Coral Auria Canta de Ourense protagonizarán o tradicional Concerto de Nadal, que supón ano tras ano unha cita ineludible e moi querida polos monfortinos e monfortinas dentro da programación do Nadal municipal. O concerto está aberto aos interesados con entrada libre e gratuita ás 20:00 horas na Igrexa da Nosa Señora da Antiga-Colexio PP. Escolapios.

EN SARRIA

Mentres, en Sarria, ofrece un concerto de balde a banda de rock RAIBA. Sería o último deste ano será ás 23:00 h. no local da asociación Rúa Da Música. “Unha fermosa e rockeira festa de Nadal”, din dende a organización.

Será das poucas oportunidades de desfrutar de RAIBA co seu repertorio máis completo. Interpretarán en primicia os temas novos que se lanzarán no 2023. Ademais rescatarán cancións moi coñecidas da primeira etapa, como “Fogar”. Mesmo algún tema en acústico. Boas maneiras de ir despedindo este 2022.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...