HomeCulturaContos de Nadal en Sarria con 'César No'

Contos de Nadal en Sarria con ‘César No’

O narrador local ofrecerá o seu espectáculo de conta contos este 27 de decembro e tamén o 3 de xaneiro de 2023 na Casa da Cultura de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

César No é un narrador sariao con máis de 10 anos de experiencia con contos versionados e propios cos que consigue facer rir a todos os públicos. Considérase un paixoado da oralidade pola estreita relación coa avoa, quen lle contaba sempre as historias que el hoxe traslada por toda Galicia.

ESPECTÁCULO: ‘CONTOS DE NADAL’

Baixo ese título, César fará unha contada para festexar a chegada do Nadal rodeados de aventuras, emocións e moitos animais. Unha entretida travesía onde os animais comezan a prepararse para vivir un novo final de ano con novas metas e propósitos.

As sesións de contos serán o 27 de decembro e o 3 de xaneiro do vindeiro ano ás 17:30 h. no salón de actos da Casa da Cultura de Sarria.

César No contando en Monforte de Lemos / XdL

ÚLTIMAS

O rural galego como motor industrial a debate no encontro que Cesuga organizou en Sober

A cita que reuniu a unha ampla representación de persoas vinculadas coa empresa, institucións,...

Prata para Sara Pérez Pallín do Club Atletismo A Gándara no Campionato de España

A gran noticia do torneo chegou da man de Sara Pérez Pallín, quen se...

Pantón, “corazón da Ribeira Sacra”, enxalza o sumiller Luis Paadín no pregón da Feira do Viño

O concello de Pantón celebrou do venres ata este domingo a XXXI Mostra de...

O 15 de maio o Aeródromo das Lamas en Monforte acolle a “Vuelta Aérea Internacional Aerodreams 2026”

A saída da VAIA 2026 está prevista o xoves 14 de maio desde o...