HomeCulturaCabalgata de Reis solidaria en Quiroga este día 5

Cabalgata de Reis solidaria en Quiroga este día 5

A visita deste ano terá un marcado punto solidario, xa que dúas das paradas que realizarán os Reis Magos serán unha para entregarlle agasallos aos nenos/as máis desfavorecidos do municipio e a outra para darlle agasallos ás nenas/os que por mor da guerra de Ucraína tiveron que acollerse en Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Todo listo para que este venres pola tarde visiten Quiroga as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente cun amplo recorrido por diferentes instalacións e coa tradicional cabalgata antes de escoitar as peticións de todos os nenos e nenas no Auditorio Municipal.

No programa desta visita está previsto achegarse ata o poboado do Toucedo, o Centro de Día da Ribeira, a casa consistorial e a Residencia da Terceira Idade.

Ás sete e media da tarde está previsto que comece o desfile da comitiva coas Súas Maxestades ao longo da rúa Real dende a Casa da Cultura ata o Auditorio Municipal. Neste último lugar será onde os Reis Magos escoiten as peticións de todos os nenos e nenas que se acheguen a falar con eles para recordarlles o que queren para esa noite ao pé da súa árbore de Nadal. E para rematar todos os nenos e nenas que o desexen estarán convidados a chocolate con churros.

Outras visitas dos Reis Magos

Os Reis Magos reciben este xoves ás 18.30 na casa da cultura de Pantón aos nenos/as que queiran encotrarse con eles. Tamén hoxe visitaron Sober e ás 13.00 estarán no centro sociocultural, ás 16.30 sae do centro de día da Pobra do Brollón a cabalgata e no concello de Bóveda visitan o centro sociocultural ás 17.00. No Saviñao os Reis farán percorrido esta tarde polas rúas de Currelos e Escairón. A cabalgata de reis en Chantada comezará ás 18.00 e ás 19.00 farán recepción no Auditorio Municipal.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...