HomeCulturaIniciativas para fomentar a lectura en Quiroga

Iniciativas para fomentar a lectura en Quiroga

O concello vai poñer en marcha un proxecto de 'Biblioteca na rúa'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Quiroga contará cun novo servizo para a veciñanza. Trátase do proxecto “Biblioteca na Rúa”.

Este servizo, xa en funcionamento nalgúns concellos, consiste nunha casiña-biblioteca que contén libros para que os poidan usar todos os usuarios e usuarias e outra xente que o desexe. Ademais de coller libros está pensado para que aqueles que queiran poidan depositar os seus para que outra xente os lea.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, sinala “que se contará con dous destes habitáculos”. A súa colocación está aínda por determinar polo Equipo de Goberno, aínda que un deles podería situarse na zona do parque da Constitución por ser unha das zonas máis utilizadas para o lecer pola veciñanza.

En palabras do alcalde, esta iniciativa “crea un complemento máis para os espazos de lecer á vez que se saca a cultura á rúa”.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...