HomeCulturaXabier Quiroga presenta "O baile dos estorniños" no Círculo Saviñao

Xabier Quiroga presenta “O baile dos estorniños” no Círculo Saviñao

O Círculo Saviñao acolleu este luns a presentación do último libro de Xabier Quiroga, "O baile dos estorniños", último libro tamén da triloxía da Ribeira Sacra do autor con "O Cabo do Mundo" e "Izan o da saca", protagonizado tamén polo detective Reina.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do acto participaron ademais do autor, o escritor e director de Edicións Xerais Fran Alonso, e o presidente do Círculo Saviñao, Enrique Sampil. Participaron tamén multitude de socios que quixeron saudar e arroupar a Xabier Quiroga, que anunciou a publicación dun novo libro para abril.

Xabier Quiroga naceu no Saviñao en 1961. Licenciado en Filoloxía galega, foi profesor de lingua e literatura galega. A súa primeira novela, Atuado na Braña, foi finalista do Premio Xerais no 20001, Finalista Premio Novela Europea Casino de Santiago, 2002 e Premio Losada Diéguez no 2003. É autor de Era por setembro (2004), Se buscabas un deus (2006), O Cabo do mundo (2009), Premio da Crítica de narrativa galega no 2009, Zapatillas rotas (2014). Premio da Crítica de narrativa galega no 2014, Izan o da saca (2015). Premio San Clemente de narrativa galega no 2017 e O baile dos estorniños (2021).

Xabier Quiroga no Círculo Saviñao / Círculo Saviñao

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...