HomeCulturaOs días 18 e 19 de agosto Pantón celebra o Trece Roeis

Os días 18 e 19 de agosto Pantón celebra o Trece Roeis

Reincidentes, Catuxa Salom, os Festicultores Troupe e Tregua son os primeiros nomes do cartel do festival neste 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Trece Roeis Fest retorna a Pantón os días 18 e 19 de agosto con novas apostas musicais. No primeiro avance amósannos 4 dos grupos que forman parte do cartel de 2023 e que son a banda andaluza de punk rock Reincidentes, con máis de 30 anos de historia e grande contido social e político nas súas letras; Catuxa Salom, que mestura a música en galego cos ritmos latinos, froito da súa orixe galego-arxentina; tamén dende o panorama galego volven, un ano máis, os Festicultores Troupe, que cultivarán a festa a base de música, baile e moito humor a pé de rúa; e, por último, unha nova aposta polo rock dunha banda con base galega, Tregua.

A este primeiro avance, seguiranlle outros con máis grupos de referencia e actividades vencelladas coa tradición, a gastronomía, as letras e outras formas de cultura, un símbolo de indentidade do Trece Roeis Fest.

A venta de entradas está habilitada a través da súa páxina web www.treceroeisfest.com e, coma outros anos, ofrécese acampada libre e de balde.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...