HomeCulturaO IES Río Cabe de Monforte vence na Olimpiada de Xeoloxía celebrada...

O IES Río Cabe de Monforte vence na Olimpiada de Xeoloxía celebrada no Xeoparque Montañas do Courel

ESte mércores celebrouse no Xeoparque Montañas do Courel unha das fases finais de Galicia da Olimpiada de Xeoloxía na que tomaron parte un total de 60 alumnos, acompañados dos seus profesores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Participaron centros escolares de Lugo e Ourense: IES Perdouro (Burela), IES Dionisio Gamallo (Ribadeo), IES Fontem Albei (Fonsagrada), IES Xoan Montes (Lugo), IES Rio Cabe (Monforte de Lemos), IES Daviña Rey (Monforte de Lemos), IES Ferro Couselo (Ourense), IES O Ribeiro (Ribadavia), IES Lauro Olmo (O Barco Valdeorras). Os participantes tiveron que facer fronte a un cuestionario con 40 preguntas sobre Xeoloxía, realizaron unha gymkana por equipos no Museo Xeolóxico de Quiroga, e completaron as actividades no Museo da Mineria Aurífera Romana en Ribas de Sil.

O resultado das probas foi o seguinte Mellor Equipo: IES Ferro Couselo (Ourense), integrado por: Iria García Martínez, Carla Padrón Martínez, David Valado Seara e Mencía Domínguez Menéndez Primeira Clasificada: Carla Rodríguez Veiga (IES Rio Cabe- Monforte de Lemos) Segunda Clasificada: Ariadna Valdés Fernández (IES Rio Cabe- Monforte de Lemos) Terceira Clasificada: Nadine López Aira (IES Rio Cabe- Monforte de Lemos) Accésit 4º da ESO: Hugo Gorgojo Basanta (IES Perdouro de Burela)

Os gañadores recibiron un lote de produtos agroalimentarios do Xeoparque, xunto con diverso material promocional, e para resto dos participantes se lles fixo entrega dun agasallo conmemorativo do Xeoparque. Ademais, a todos os centos escolares se lles fixo entrega dun lote de publicacións do Xeoparque.

A final nacional da Olimpiada de Xeoloxía que se celebra o vindeiro 25 de marzo en Jaén asistirán Carla Rodríguez Veiga e Ariadna Valdés Fernández, que xunto resto de gañadores das fases finais que se celebraron en Coruña, Santiago, Vigo e Ourense, conformaran o equipo Galego e que contarán co patrocinio do Xeoparque das Montañas do Courel e da AEPECT.

Dende o Xeoparque Montañas do Courel agradecese a aposta da AEPECT por escoller o Montañas do Courel como lugar de celebración desta fase final da olimpiada de Xeoloxía en Galicia.

Carla Rodríguez / Xeoparque Montañas do Courel

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...