InicioCulturaFurgoteca en Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela

Furgoteca en Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela

A furgoteca, o novo servizo de bibliotecas móbiles da Xunta de Galicia, botará a andar a finais deste mes nun total de 20 concellos das provincias de Lugo e Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, explicou o funcionamento das bibliotecas móbiles que viaxará dúas veces ao mes a cada un dos concellos. Organízase de tal xeito que un dos días A furgoteca se asentará nos lugares de maior afluencia de público, onde se celebran feiras e mercados e hai centros de saúde, residencias, pavillóns de deportes ou centros socioculturais. O segundo día a biblioteca móbil realizará un percorrido polos núcleos e aldeas para ofrecer un servizo personalizado porta a porta.

Como expresou, a medida permite “seguir avanzando” no propósito de “garantir o acceso da cultura a todos os galegos e estender estes servizos a todo o territorio” con iniciativas que cubrirán as necesidades da poboación en igualdade de condicións dando resposta aos obxectivos do Plan Xeración Cultura, a folla de ruta dotada con 34M€ coa que o Goberno galego acompaña a expansión do sector cultural a través dunha batería de medidas para a innovación, modernización, dixitalización e acceso universal á cultura.

Os días, horarios e lugares de parada poderán consultarse na páxina web cultura.gal/furgoteca, nos lugares de información habituais do concello ou a través das redes sociais. “Desde tramitar un carné de usuario ata coller en préstamo un libro ou unha revista ou acceder a internet, A furgoteca ofrecerá distintos tipos de servizo para atender do xeito máis completo as necesidades da cidadanía”, indicou Román Rodríguez. Así, a colección inicial nace con 500 exemplares de libros, pero tamén películas, música ou xogos físicos e dixitais así como publicacións periódicias como revistas e xornais. Esta colección poderá ir medrando polas bibliotecas centrais territoriais de referencia en cada caso (Lugo e Ourense) a través do préstamo entre bibliotecas.

Na furgoteca tamén se poden facer os trámites de expedición de carnés de usuario, préstamo e devolución, formación nos sistemas de préstamos dixitais, así como distintas actividades de formación. Teñen conexión a internet, equipos informáticos portátiles e impresora tanto para a persoa encargada da prestación do servizo como para o uso dos usuarios. As bibliotecas móbiles dispoñen, ademais, de persoal de atención cun perfil técnico especialista en ocio educativo e animación sociocultural.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...