HomeCulturaEntregados os premios de Poesía de Nadal 2023 do Concello de Monforte

Entregados os premios de Poesía de Nadal 2023 do Concello de Monforte

José Tomé Roca, acompañado pola Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón Rajo, fixo entrega, na Biblioteca Pública, dos premios do concurso municipal de Poesía de Nadal 2023 ós nenos e nenas que resultaron gañadores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os premios foron fallados polo xurado o martes día 10 de xaneiro. Este concurso foi convocado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos, en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo.

Os galardonados, nas súas distintas categorías:

Categoría B: De 9-10 e 11 anos

Primeiro Premio: Dayma Pino Valcárcel. Colexio Ferroviario.

Segundo Premio: Darlyn Giraldo Quiceno. Colexio A Gándara.

Terceiro Premio: Cayetana Rodríguez Carrera. Colexio Pais Escolapios.

Accesits:

-Alejandro Álvarez Sánchez. Colexio A Gándara

-Irea González García. Colexio Ferroviario

-Elia Vázquez Ríos. Colexio Pais EscolapiosCategoría A: Ata 8 anos

Categoría C: De 12 a 15 anos

Primeiro Premio: Sabela Castro González . Fundación Torre de Lemos.

Segundo Premio: Mara Ledo Escudero. Colexio Ferroviario.

Terceiro Premio: Xurxo González Rodríguez. IES Río Cabe.

Accésits :

-Carla Rodríguez Rodríguez. Colexio Ferroviario

O Alcalde agradeceu a participación de todos os nenos e nenas, e animounos a seguir desenvolvendo esta labor creativa e a seguir participando nos diferentes concursos que dende o Concello se convocan ó longo do ano.

ÚLTIMAS

Transportes licita por 603.634€ obras para mellorar a seguridade viaria na N-540 e N-120

.O anuncio de licitación foi publicado na Plataforma de Contratación do Sector Público (PLACSP)...

Por Chantada presenta unha moción reclamando medidas urxentes de mellora na seguranza viaria

O grupo municipal Por Chantada – Interior Galego Vivo vén de presentar unha moción...

Afigal prestará servizos financeiros ás empresas asociadas a Ribeira Sacra Next

Afigal e a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next asinaron un convenio de colaboración...

‘Miconcurso de tapas’, iniciativa dos Lactourus para dinamizar a hostalería de Monforte

A Asociación Micolóxica Os Lactouros organiza os vindeiros mércores 18 e xoves 19 de...