HomeCultura'Xornadas Pacegas'.“Conflitividade feminina, herdanza e patrimonio: Caldaloba, Narla e Tor”.

‘Xornadas Pacegas’.“Conflitividade feminina, herdanza e patrimonio: Caldaloba, Narla e Tor”.

O Museo de Tor acollerá os días 2, 3 e 4 de marzo a terceira edición destas xornadas que conectan o Pazo de Tor, a Fortaleza de San Paio de Narla e a torre de Caldaloba a través das figuras femininas que marcaron a súa historia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A partir das biografías de Catarina de Santiso –asasinada polo seu home, Vasco das Seixas, señor de San Paio de Narla–, María Paz Taboada —última fidalga de Tor, quen á súa morte doou ao patrimonio público o pazo e todo o seu patrimonio moble–  e de Constanza de Castro –que resistiu en Caldaloba o asedio dos Reis Católicos–, historiadoras abordarán diferentes cuestións relacionadas coa pegada documental e as fontes no estudo do papel das mulleres na Idade Media.

Persoal dos museos e representantes de colectivos culturais completarán a panorámica falando da necesidade de incorporar o legado feminino á recuperación e posta en valor do patrimonio.

As persoas interesadas en participar nas xornadas deben anotarse no enderezo concertacionsrmpl@gmail.com. A Rede Museística facilitará a asistencia poñendo a disposición dos asistentes un servizo de autobús desde Lugo.

PROGRAMA

Xoves, 2 de marzo

Recepción e benvida no Museo de Tor a cargo de Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo, e Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo.

Dolores López da Asociación Carballo Vivo: Experiencia dunha muller activista na conservación recuperación e posta en valor do patrimonio.

Alberte Ansede, presidente da Fundación e Casa-Museo Manuel María: “O papel da sociedade civil na recuperación do patrimonio: o caso de Caldaloba”.

Antón Meilán García, catedrático emérito da Universidade de Oviedo, autor do libro Dona Constanza de Castro toma a Fortaleza de Vilaxoán: “Dona Beatriz e Constanza de Castro, as fillas rebeldes de Pardo de Cela”.

Simón Vicente, auxiliar de sala da Rede Museística Provincial de Lugo: “Mulleres serpe, sereas e dragóns: os casos de Tor e Narla”.

Venres, 3 de marzo

Mónica Fernández Armesto, doutora, profesora do Departamento de Historia da USC: “Galegas litigantes perante a xustiza senhorial no Antigo Réxime”.

Raquel Iglesias Estepa, doutora en Historia: “A conflitividade feminina nas fontes xudiciais do Antigo Rexime”.

Tamara González López, doutora, profesora do Departamento de Historia da UDC: “Herdanzas, dotes e mandas: a loita das fidalgas polo patrimonio familiar (ss. XVIII-XIX)”.

Ana Sixto Barcia, doutora, profesora do Departamento de Historia da USC:  “Condenadas ao esquecemento. Os conflitos en torno ás vocacións forzadas na Galicia de época moderna”.

Sábado, 4 de marzo: Soterradas en liña

Mesa debate sobre a as desigualdes de clase e de ciclos de vida.

Estas xornadas están impulsadas pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Rede Museística Provincial de Lugo.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...