HomeCulturaPrimeiras confirmacións para o 'Esmorga Fest 2023'

Primeiras confirmacións para o ‘Esmorga Fest 2023’

Conta atrás para un festival moi esperado para os amantes da música indie e underground. Será os días 19 e 20 de maio en Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Esmorga Fest, a cita que reunirá a todos os amantes da música indie e underground o 19 e 20 de maio en Sarria, anuncia os primeiros nomes que formarán parte do seu cartel.

Esas formacións que confirman a súa presenza no festival son as seguintes: Los Punsetes, The Parrots, Ghouljaboy, Yawners e Castro.

Tras o éxito de vendas inicial, esgotando o primeiro bloque de entradas a prezo de lanzamento –vendeuse en 15 minutos–, continua con outro bloque de 200 entradas ao prezo de 35€ para os dous días de festa. A cita contará co apoio de SON Estrela Galicia, o Concello de Sarria e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...