HomeCultura"Aproveitamento do mineral de ferro de Freixo" preséntase o 17 de marzo...

“Aproveitamento do mineral de ferro de Freixo” preséntase o 17 de marzo en Sober

A Libraría da Proencia presenta a primeira publicación específica sobre as minas de Freixo, titulada "Aproveitamento do mineral de ferro de Freixo, Monforte de Lemos", saída da imprenta a finais de xaneiro deste ano 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta obra é froito de anos de traballo de persoas do colectivo do Colado do Vento e da Asociación de Amigos do Patrimonio de Lemos, que durante anos realizaron pesquisas e visitas á zona.

A actividade mineira de Freixo afectou á vida de gran número de persoas do Val de Lemos, especialmente de xente de Sober e de Monforte. Hoxe en día quedan poucas testemuñas directas que poidan transmitir experiencias e lembranzas e fican as pegadas da explotación, tanto no lugar de Freixo como ao longo do percorrido do cable transportador e en Canaval.

O libro reúne información, moi dispersa e de diversas orixes e formatos, relacionada coa historia do xacemento, a extracción e movemento do mineral, así como aspectos das relacións laborais e os impactos medioambientais. Así, a obra preséntase como aproximación á historia da explotación mineira e aspira a ser punto de partida para outros estudos. Un dos aspectos destacados é que conta con case un cento de fotografías e mapas a toda cor, incluíndo fotos de mulleres traballadoras da mina, cedidas por persoas da Asociación Veciñal de Doade.

A primeira presentación do libro será este venres, 17 de marzo de 2023, ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Sober, no marco do Mes do Amandi e coa colaboración do Concello de Sober. A presentación terá formato de Mesa Redonda con Juan Luís Casas, por parte do Colado do Vento, responsable da coordinación do libro, Jorge Vila, de Amigos do Patrimonio de Lemos, Luís Fernández Guitián, Alcalde do Concello de Sober e Paula Vázquez Verao, pola Libraría da Proencia.


ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...