HomeCulturaConcerto de piano de Laura Ballestrino este 25 de marzo en Sober

Concerto de piano de Laura Ballestrino este 25 de marzo en Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais de Sober organizan o ciclo ‘Primavera Musical’ que este sábado 25 de marzo trae á localidade á pianista Laura Ballestrino. A actuación, que será de balde ás 19:30 horas no Centro Sociocultural, forma parte das actividades programadas no marco do Mes do Amandi.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

‘États d’âme’ -estados da alma- é o título que deu o compositor ruso Alexander Scriabin á súa Sonata nº 3, e tamén é o título escollido para o concerto do sábado. “Alma” provén do grego anemos (vento, sopro, respiración) e, segundo os antigos filósofos gregos, é a música quen move os estados da nosa alma. Pero ao longo da historia, a linguaxe da música foi transformando a súa forma de expresión ata chegar ao Romanticismo, momento clave onde se comeza un camiño sen retorno cara a unha comunicación máis emocional, espontánea, humana e visceral.

Nas 4 pezas elixidas para este concerto, cada autor romperá as regras do seu tempo para descubrir novas sensibilidades, novos sentimentos, novos estados da alma.

  • Frédéric Chopin: Ballade nº 4 op. 52
  • Aleksandr Skriabin: Sonata nº 3 “*États d’âme” op. 23
  • Antón García Abril: Lontananzas
  • Alberto Ginastera: Sonata nº1 op.22

Laura Ballestrino é unha das grandes promesas da música clásica en España, sendo galardoada co Primeiro Premio nos prestixiosos concursos Mocidades Musicais de España, María Ferreiro e Gran Klavier, ademais de premios especiais en Compositores de España e Intercentros Melómano. Actuou nalgunhas das salas máis importantes do país como o Auditorio Nacional de Música de Madrid, o Ateneo de Madrid, a Real Academia de Belas Artes de San Fernando ou o Auditorio Joaquín Rodrigo, entre outros.

Máis aló da súa traxectoria como intérprete clásica, Laura traballa en varios proxectos de estilos musicais moi diversos. Actualmente compón e produce a Banda Sonora Orixinal do videoxogo Archaelund, e ao mesmo tempo prepara proxectos escénicos relacionados co jazz-fusión.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...