HomeCulturaQuiroga celebra o 8 de abril o XIV Certame Celtibérico de bandas...

Quiroga celebra o 8 de abril o XIV Certame Celtibérico de bandas de gaitas

A presentación da cita celebrouse na Delegación Territorial da Xunta. O certame celebrarase o día 8 de abril no marco da Feira do Viño de Quiroga, contando con 8 bandas de Galicia e Ponferrada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta edición contará con tres bandas lucenses: a da escola de gaitas San Martiño de Quiroga, a municipal de Chantada e a do Concello de Monforte de Lemos; ademais das bandas do Concello do Bolo, Fuentes Nuevas de Ponferrada, a ourensana Ladies Band, Agarimo de Catabois e Real Xuvenil de Ourense.

Tamén actuarán destacados artistas do mundo da gaita como o asturiano El Pravianu e os galegos Nadia Vázquez –Musette Barroca -e David Bellas -gaita medieval -; que intervirán tamén como xuíces instrutores-; ademais do músico Alexander Suárez, especialista en gaita irlandesa. O certame deste ano, subtitulado Memorial Muíño, lembra a figura do artesán e investigador José María Alfonso García Muíño.

O delegado territorial da Administración galega, que colabora nesta cita, estivo acompañado da concelleira de Servizos Sociais de Quiroga, María Dolores Sánchez Durán; o organizador da cita, Xosé Lois Foxo, e a gaiteira Laura Burgué.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...