HomeCultura1 de abril de "Música Sacra do s. XX" coa Banda de...

1 de abril de “Música Sacra do s. XX” coa Banda de Música de Chantada

A Banda de Música de Chantada realiza este sábado, día 1 de abril, un concerto extraordinario que leva por título “Música Sacra do s. XX”. Será na Igrexa Nova da vila do Asma ás 20h, e contará coa colaboración da Coral Poolifónica de Chantada e do Coro Kantantibus.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Máis de 80 músicos encargaranse de ofrecer un repertorio relixioso no templo chantadino como parte da programación que a Parroquia da Santa Mariña preparou para a celebración da Semana Santa.

O programa, que comezará por A Symphonic Prelude de Alfred Reed, St. Florian Choral de Thomas Doss, e Panis Angelicus, de Cesar Franck en arranxo de Alfred Reed, ten como elemento central a Missa Brevis do compositor holandés Jacob de Haan. Esta peza, dividida segundo partes dunha liturxia (Kyrie, Gloria, Credo, Santus, Benedictus, Agnus Dei), está escrita para coro e banda sinfónica, e foi encargada polo Consello Departamental para a Música e a Cultura de Haute-Alsace en Guebwiller (Francia), con obxecto da conmemoración do milenario do nacemento do Papa León IX en Colmar (Francia).

Ademais deste concerto, dentro da programación da Semana Santa a Banda de Música de Chantada estará tamén presente na Procesión dos Caladiños o Venres Santo e nos actos do Domingo de Pascua.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...