HomeCulturaFin de semana de blues, patrimonio e brindos na Pobra do Brollón

Fin de semana de blues, patrimonio e brindos na Pobra do Brollón

Este venres, 21 de abril, chega unha fin de semana cargada de actividades culturais no municipio da Pobra do Brollón. Comeza co terceiro obradoiro que organiza o Concello para aprender a arte do brindo, un xénero de improvisación oral cantada propio de terras guímaras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O taller será o venres ás 20:15 no bar Primeiro de Maio, a cargo do colectivo Erre que Erre, formado polas regueifeiras Alba María, Sara Marchena, Nuria Penas e Lorena Medela. A actividade é gratuíta e aberta a todo o mundo, asistiran ou non a edicións anteriores. Ofrecerase durante o obradoiro a posibilidade de cear arepas, especialidade do Primeiro de Maio.

Ao longo do sábado 22 celebrase unha nova Xornada Guerrilleira, coincidindo preto da data da batalla de Repil do 20 de abril de 1949. Haberá un amplo programa de actos que incluirán presentación de libros e conferencias, homenaxes a cargo de Xurxo Ayán e Olga Novo; cine, música e degustacións. A xornada desenvolverase entre o lugar da memoria da Casa dos Amaro en Repil, e a Casa da Cultura da Pobra do Brollón. O acceso é libre e de balde. 

Programa da ‘xornada guerrilleira’

O domingo 23, a actividade trasládase á parroquia de Vilachá de Salvadur, concretamente, ao furancho O Currio en Trasmonte. Alí a partir das 13:00h ofrecerá un concerto de blues o músico Néstor Pardo. Afincado en Mississippi, Néstor Pardo está a realizar actualmente unha xira española, que pasará o domingo pola Ribeira Sacra guímara. O concerto é con billeteira inversa. Unicamente hai que reservar no caso de querer xantar (no teléfono 604 187 625).

ÚLTIMAS

COGAMI reclama dereitos para as persoas con discapacidade

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, COGAMI e o seu movemento...

Aberto o prazo para solicitar as 1.750 prazas do Lugo Termal con descontos nos balnearios da provincia

A Deputación de Lugo abriu este luns, 2 de decembro, o prazo para solicitar...

Chantada abre o 5 de decembro a programación de Nadal co acendido da iluminación e a apertura do Poboado de Nadal

O Concello de Chantada a través da Concellaría de Cultura prepara unha completa programación...

Ata o 16 de decembro está aberto o prazo para solicitar posto no Mercado de Nadal de Monforte

O Concello de Monforte ten aberto o prazo de inscrición para participar no Mercado...