HomeCulturaA segunda edición do Ciclo Mestre Mateo volve a Chantada, A Pobra...

A segunda edición do Ciclo Mestre Mateo volve a Chantada, A Pobra do Brollón e Sarria

O Ciclo Mestre Mateo volve á provincia de Lugo e levará as proxeccións das longametraxes de ficción, animación e documentais finalistas dos premios Mestre Mateo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo suma a Chantada, Vilalba, Foz, A Pobra do Brollón, Sarria, que xa acolleron con éxito o ciclo na súa primeira edición, proxeccións na Fonsagrada, Becerreá e Meira, que pasan a formar parte da rede de salas.

Os concellos participantes exhibirán entre maio e novembro unha programación que inclúe María Casares, a muller que viviu mil vidas, Unicorn Wars e O corpo aberto, recoñecidas respectivamente como Mellor documental, Mellor longametraxe de animación e Mellor longametaxe na última edición dos Mestre Mateo, celebrada o pasado 11 de marzo.

O resto de títulos do programa son o documental A foreign song (César Souto, 2022) gañadora dos premios á Mellor longametraxe española e Mellor dirección española no pasado Festival Internacional de Cine de Xixón; o thriller Código Emperador (Jorge Coira, 2022) estreado no XXIV Festival de Málaga, onde tamén tivo a súa estrea a longametraxe Live is life (Dani de la Torre, 2022); o documental No somos nada (Javier Corcuera, 2022) estreado no Festival de Cine de San Sebastián; o filme de animación Valentina (Chelo Loureiro, 2022), gañadora do Goya á mellor longametraxe de animación na XXXVI edición dos premios da Academia Española e o documental Onde máis doe (Manane Rodríguez, 2022) estreada no OUFF – Ourense Film Festival.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro explicou que “a área de Cultura reforzou a colaboración coa Academia Galega do Audiovisual para extender o Ciclo Mestre Mateo a tres localidades máis, ampliando a rede de lugares nos que se proxectará o mellor cinema galego recente”  e incidiu na importancia “de extender a iniciativa a distintos puntos do territorio para achegar novos públicos ao cinema galego e en galego”.

ÚLTIMAS

O ‘Xanela Fest’ dá a coñecer o concello gañador deste 2026

A segunda edición do Xanela FEST xa ten gañador. O Concello de San Sadurniño, representado pola Asociación de...

A veciñanza da Pobra do Brollón volve a concentrarse o 11 de setembro reclamando médicos

Con estas mobilizacións reclámase ás administracións competentes que adopten as medidas necesarias para garantir...

O Concello de Chantada recolle por sexto ano a Categoría Ouro de Praias sen Fume

O alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, recollía en Begonte esta distinción...

COGAMI comeza o curso con formación inclusiva para profesorado e familias

'Red DUActiva: Diversidade, Acción e Transferencia na aula' é unha iniciativa financiada pola Fundación ONCE e...